viernes, 7 de julio de 2017

Nova etapa en OLLANDO NA CIENCIA

No curso 2015- 2016 comezou unha nova etapa de "Ollando na ciencia" con unha Semana adicada aos Proxectos científicos. Os alumnos de 1º de BAC presentaron os seus propios proxectos de investigación e someterónse as preguntas e dúbidas que os seus compañeiros plantexaron.

Este ano dimos un paso máis e participaron 71 alumnos de Bioloxía, Anatomía e Cultura Científica. O resulatdo foi un éxito. Por este motivo seguiremos coa proposta para o próximo ano.


sábado, 20 de noviembre de 2010

Cine e Biodiversidade en "Ollando na ciencia"


SEMANA DA
CIENCIA 2010

"Cine e biodiversidade"
Venres 18 de novembro de 2010

O venres 18 de novembro tivo lugar no salíon de actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes , a entrega de premios de "Cine e biodiversidade" organizado polo Departamento de Xenética da USC.

O centro acolleu a entrega de premios por ser os gañadores do ano anterior deste concurso adicado noano 2009 a Darwin e titulado "Darwin e o cinema". Foi, precisamente con esta nova coa que inaugurabamos a sección de "Ollando na Ciencia", hai xa un ano.

Os gañadores deste ano son alumnos do IES A Xunqueira de Pontevedra e seu traballo levaba por título: "Cara e cruz da biodiversidade".

O segundo premio foi para os alumnos do IES Sofía Casanova de Ferrol e o terceiro foi compartido polos alumnos e alumnas do IES Rosalía de Castro de Santiago e o IES Lucus Augusti de Lugo.


Noraboa a todos os gañadres e a todos os participantes. O esforzo e a capacidade de síntese necesarios para realizar estes traballos di moito da calidade dos mesmos.

Climatoloxía en "Ollando na ciencia"


SEMANA DA


CIENCIA 2010

Taller de climatoloxía
Xoves 17 de novembro de 2010




Durante a mañá do xoves 17 de novembro os alumnos e alumnas de 1º de ESO participaron nun taller sobre climatoloxía organizado por Meteogalicia. O taller foi magnífico.


En case unha hora e cuarto descubrimos directamente as variables que condicionan o clima, a dinámica dqas correntes mariñas e das masas de aires e viaxamos por borrascas e anticiclóns. Odinamismo con que se facían as experiencias e a boa resposta do alumnado, sempre respondendo as cuestións, fixeron que resultara un éxito.

sábado, 6 de noviembre de 2010

4 de novembro.A ciencia en Galego

Celebramos o día da ciencia en galego cunha exposición de cogumelos recolllidos na nosa saída do día anterior.




Moitos alumnos e alumnas pasan pola exposición donde se lles explica cada unha das grandes familias de setas , así como se poden observar as esporas a microscopio.



CURSO 2010- 2011

Comeza un novo curso escolar e dende "Ollando na ciencia" tamen queremos darvos a benvida.
Comezamos cunha exposición de frutos.

1.Exposición no espazo : Ollando ciencia: Os frutos

2. Frutos carnosos complexos: Polidrupas. As moras

3. Fruto con alas que se dispersa polo vento : Samara. Fruto do pradairo
4. Fruto típico das papilonáceas (xestas, toxos), a legume.

5.Fruto chamada noz, neste caso obsevamos a "noz", fruto da avelaira

6.Fruto chamado glande, a bellota do carballo















viernes, 14 de mayo de 2010

Premios Científicos 'Luis Freire'

Acabamos de recibir a noticia de que o equipo de 5 alumnas de 1º de ESO C que participaron no Concurso científico 'Luis Freire' da Casa das Ciencias de A Coruña, foi seleccionado para a fase final.
A investigación que desenvolveron este grupo de alumnas tentaba dar resposta a seguinte cuestión: 'E posible esbirrar cos ollos abertos?'

A investigación realizada tivo en conta diversas formas de recollidas de datos ademáis da procura de información previa que fixeron na rede para coñecer o tema.

O sábado día 12 de xuño defenderán oralmente o seu traballo ante o tribunal.
Desexámoslles moita sorte, aínda que a súa clasificación (xunto con coutros 5 equipos e outros centros) xa a consideramos un éxito.

1º Concurso cienctífico do IES Ollos Grandes: 'O CO2 e os seus colegas'















O martes 11 de maio entregáronse os premios do 1º Concurso científico: 'O CO2 e os seus colegas' convocado polos departamentos de Física e química e Bioloxía e xeoloxía do IES A Nosa Sra dos Ollos Grandes de Lugo.

O concurso dirixo ao alumnado de 1º de bacharelato buscaba fomentar o traballo en grupo e o uso das novas tecnoloxías para tratar temas de actualidade, como é o cambio climático, dende o ámbito interdisciplinar das ciencias.

Os traballos foron dunha gran calidade e foi difícil escoller os tres mellores. No salón de actos todos os participantes recibiron un diploma e posteriormente vimos os tres traballos gañadores.
Noraboa a todos os participantes e esperamos que o próximo curso a participación sexa igaual de importante.