sábado, 20 de noviembre de 2010

Cine e Biodiversidade en "Ollando na ciencia"


SEMANA DA
CIENCIA 2010

"Cine e biodiversidade"
Venres 18 de novembro de 2010

O venres 18 de novembro tivo lugar no salíon de actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes , a entrega de premios de "Cine e biodiversidade" organizado polo Departamento de Xenética da USC.

O centro acolleu a entrega de premios por ser os gañadores do ano anterior deste concurso adicado noano 2009 a Darwin e titulado "Darwin e o cinema". Foi, precisamente con esta nova coa que inaugurabamos a sección de "Ollando na Ciencia", hai xa un ano.

Os gañadores deste ano son alumnos do IES A Xunqueira de Pontevedra e seu traballo levaba por título: "Cara e cruz da biodiversidade".

O segundo premio foi para os alumnos do IES Sofía Casanova de Ferrol e o terceiro foi compartido polos alumnos e alumnas do IES Rosalía de Castro de Santiago e o IES Lucus Augusti de Lugo.


Noraboa a todos os gañadres e a todos os participantes. O esforzo e a capacidade de síntese necesarios para realizar estes traballos di moito da calidade dos mesmos.

Climatoloxía en "Ollando na ciencia"


SEMANA DA


CIENCIA 2010

Taller de climatoloxía
Xoves 17 de novembro de 2010




Durante a mañá do xoves 17 de novembro os alumnos e alumnas de 1º de ESO participaron nun taller sobre climatoloxía organizado por Meteogalicia. O taller foi magnífico.


En case unha hora e cuarto descubrimos directamente as variables que condicionan o clima, a dinámica dqas correntes mariñas e das masas de aires e viaxamos por borrascas e anticiclóns. Odinamismo con que se facían as experiencias e a boa resposta do alumnado, sempre respondendo as cuestións, fixeron que resultara un éxito.

sábado, 6 de noviembre de 2010

4 de novembro.A ciencia en Galego

Celebramos o día da ciencia en galego cunha exposición de cogumelos recolllidos na nosa saída do día anterior.




Moitos alumnos e alumnas pasan pola exposición donde se lles explica cada unha das grandes familias de setas , así como se poden observar as esporas a microscopio.



CURSO 2010- 2011

Comeza un novo curso escolar e dende "Ollando na ciencia" tamen queremos darvos a benvida.
Comezamos cunha exposición de frutos.

1.Exposición no espazo : Ollando ciencia: Os frutos

2. Frutos carnosos complexos: Polidrupas. As moras

3. Fruto con alas que se dispersa polo vento : Samara. Fruto do pradairo
4. Fruto típico das papilonáceas (xestas, toxos), a legume.

5.Fruto chamada noz, neste caso obsevamos a "noz", fruto da avelaira

6.Fruto chamado glande, a bellota do carballo















viernes, 14 de mayo de 2010

Premios Científicos 'Luis Freire'

Acabamos de recibir a noticia de que o equipo de 5 alumnas de 1º de ESO C que participaron no Concurso científico 'Luis Freire' da Casa das Ciencias de A Coruña, foi seleccionado para a fase final.
A investigación que desenvolveron este grupo de alumnas tentaba dar resposta a seguinte cuestión: 'E posible esbirrar cos ollos abertos?'

A investigación realizada tivo en conta diversas formas de recollidas de datos ademáis da procura de información previa que fixeron na rede para coñecer o tema.

O sábado día 12 de xuño defenderán oralmente o seu traballo ante o tribunal.
Desexámoslles moita sorte, aínda que a súa clasificación (xunto con coutros 5 equipos e outros centros) xa a consideramos un éxito.

1º Concurso cienctífico do IES Ollos Grandes: 'O CO2 e os seus colegas'















O martes 11 de maio entregáronse os premios do 1º Concurso científico: 'O CO2 e os seus colegas' convocado polos departamentos de Física e química e Bioloxía e xeoloxía do IES A Nosa Sra dos Ollos Grandes de Lugo.

O concurso dirixo ao alumnado de 1º de bacharelato buscaba fomentar o traballo en grupo e o uso das novas tecnoloxías para tratar temas de actualidade, como é o cambio climático, dende o ámbito interdisciplinar das ciencias.

Os traballos foron dunha gran calidade e foi difícil escoller os tres mellores. No salón de actos todos os participantes recibiron un diploma e posteriormente vimos os tres traballos gañadores.
Noraboa a todos os participantes e esperamos que o próximo curso a participación sexa igaual de importante.






domingo, 9 de mayo de 2010

Biodiversidade nunha gota de auga














Dende o 22 de abril 'O ricón da ciencia' acolle a actividade de 'Portas abertas do laboratorio de ciencias: Biodiversidade nunha gota de auga'.


Varias mostras de auga permitiron aproximar os 'microorganismos' ao alumnado. dende algas verdes ata protozoos e larvas de insectos.



Na primeira mosta abondaban os 'Rotíferos'. Poidemos ver como se alimentaban, como se creaban correntes de auga entorno á súa boca orixinadas polo movemento dos cilios.


Poidemos ver como os alumnos e alumnas interesados collían portaobxectos e cubreobxectos e facían as súas propias preperacións que logo observaban a microscopio.

Durante os próximos días novas mostras permitirán observar novos microorganismos.

domingo, 25 de abril de 2010

E tí, para que les?

No primeiro andar do Instituto a Biblioteca iniciou unha exposoición na que tí podes participar insitu. So tés que recoller unha ficha, indicar por que les e rematar colocando esa ficha no taboleiro onde xa hai moitas propostas.

Podes seguir a nova dende esta dirección do Blog da Biblioteca:
http://bibliolhosgrandes.blogspot.com/2010/04/dia-do-libro-para-que-les.html


Así mesmo bota a andar o
'III concurso de lecturas compartidas: Libros que deixan pegada'

Podes consultar as bases do concurso nesta dirección :
http://bibliolhosgrandes.blogspot.com/2010/04/iii-concurso-lecturas-compartidas.html

sábado, 24 de abril de 2010

22 de Abril: Compromiso coa Terra

Unha celebración moi especial neste 'Día da Terra' ao compartir uns bons momentos recordando o noso compromiso co planeta.

Vídeo da actuación musical dos alumnos e alumnas de 3º de ESO





Álbum de imaxes da lectura dos poemas nas seis linguas que se poden aprender no instituto, lectura do manifesto de compromiso coa Terra para rematar cuns versos de Uxío Novoneyra sobre a nosa terra.




CONFERENCIA: 'As pegadas da ciencia en Galicia' , Xosé Antón Fraga, Director dos Museos da Coruña (Dirixido a 1º de bacharelato)


viernes, 16 de abril de 2010

22 de abril, Día da Terra

O 22 de abril

Día da Terra en

Ollando na Ciencia.


PROGRAMA DE ACTOS


Na hora do recreo no primeiro andar


1. Compartindo poemas sobre a Terra. Lectura de poemas sobre a Terra en todas as Linguas

2. Compartindo cancións sobre a Terra. Música interpretada polos alumnos e alumnas de 3º ESO

3. Presentación da actividade ' Construir sobre a (bio) diversidade: 'Ideas mil', dirixido a 2º de ESO. Bases do concurso


4. Deixando a nosa pegada no 'Día da Terra'. Le a 'CARTA DE COMPROMISO COA TERRA' no Día da Terra.
5. CHARLA - COLOQUIO dirixida ao alumnado de 1º de bacharelato sobre 'Pegadas da Ciencia en Galicia', a cargo de Xosé Antón Fraga, Director dos Museos Científicos da Coruña.

6. BIODIVERSIDADE NUNHA GOTA DE AUGA. Ollando a microscopio a vida tras unha gota de auga. Durante toda a mañá coa axuda do teu profesor.

AGARDÁMOSTE!!!

martes, 23 de marzo de 2010

Exposición en Ollando na ciencia

Presentación dos primeiros traballos de 'Ollando na ciencia: Pegadas de diversidad'. Comezamos a nosa andaína con varios traballos dos alumnos de 2º ESO e 3º ESO: Pegadas mitolóxicas, Libros que deixan pegada e pegadas nos ecosistemas próximos.
Visítanos

domingo, 14 de marzo de 2010

Novas sobre conservación

No ano da biodiversidade as novas sobre 'Conservación, perda de especies...' recórdannos que hai moito que facer si queremos evitar unha nova extinción.

A lei do máis forte (vida)



'Aprendendo de outras extincións: A lei do máis forte'. Fragmento do programa tres14 de TVE 2 adicado á Vida'



Pulpo imita peixe (Ciencia ó Cubo)


'As mariposas europeas en perigo': Un tercio das 435 especies de mariposas europeas diminuíron a súa poboación e preto do 9% están en perigo de extinción segundo a 'Lista vermella das especies en ameazadas' da IUCN. (Ler toda a nova...)

'O Cumio que cambiará o sushi dos xaponeses e o fish and chips dos ingleses'.
Atún vermello, tiburón, pez martelo entre as especies en perigo pola pesca abusiva, destinada as recetas de dúas cociñas tradicionais. (Ler toda a nova....)

Reunión CITES (Ciencia ó Cubo)


'Un único asteroide acabou cos dinosaurios'.
Historia de unha das extincións masivas máis famosas da Historia da Terra e aprimeira onde desapareceron toda unha clase de animais vertebrados que ocupaban todo tipo de hábitats, os dinosaurios. Un estudio semella confirmar a teoría do asteroide como causa da súa extinción. (Ler toda a nova....)

Meteorito que matou aos dinosaurios (Ciencia ó Cubo)


Vánse tamén os gorrións'.
Segundo SEO/Birdlife a poboación de gorrrións en España redúcese en 400.000 exemplares cada ano.
(Ler toda a nova....)

'Os gorrións paxaros en retirada no ámbito da capital lucense'. (Ler toda a nova....)

Buitre Negro : Ave do 2010 (Ciencia ó Cubo)

sábado, 13 de marzo de 2010

Copiando da natureza

Por que o home non mira a natureza para xerar novas tecnoloxías? Preguntarlle a natureza como soliciona os problemas para sobrevivir sería unha boa idea.
No ano da biodiversidade vale a pena a pararse en analizar o valor das especies e xa non só no seu papel nos ecosistemas (que non é pouco) .... é algo máis.

A científica Janine Benyus danos unha serie de ideas dentro do programa REDES.





viernes, 12 de marzo de 2010

Biodiversidade e clonación

Unha gran analoxía entre a Informática e a clonación na industria agroalimentaria.

Copier-cloner from louis rigaud on Vimeo.

sábado, 20 de febrero de 2010

2010 Ano da Biodiversidade










'AS PEGADAS DA DIVERSIDADE'




Actividade realizada como inicio do 'Ano da biodiversidade' con ela, inauguramos tamén, o espazo chamado ' Ollando na ciencia', unha extensión da biblioteca fóra do espazo da biblioteca. Nela podemos atopar revistas de divulgación científica e algúns dos libros da Campaña do Nadal. Pódense coller libros e revistas prestados. Só tes que cubrir o resgardo correspondente.


Páxina web oficial: http://www.un.org/es/events/biodiversity2010/background.shtml

http://www.countdown2010.net/sudamerica/ano-biodiversidad

Novas relacionadas:
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/02/19/ciencia/1266586698.html

QUE É A BIODIVERSIDADE?


TIPOS DE BIODIVERSIDADE


BIODIVERSIDADE MARIÑA


UN SUPER ORGANISMO VIVO