domingo, 25 de abril de 2010

E tí, para que les?

No primeiro andar do Instituto a Biblioteca iniciou unha exposoición na que tí podes participar insitu. So tés que recoller unha ficha, indicar por que les e rematar colocando esa ficha no taboleiro onde xa hai moitas propostas.

Podes seguir a nova dende esta dirección do Blog da Biblioteca:
http://bibliolhosgrandes.blogspot.com/2010/04/dia-do-libro-para-que-les.html


Así mesmo bota a andar o
'III concurso de lecturas compartidas: Libros que deixan pegada'

Podes consultar as bases do concurso nesta dirección :
http://bibliolhosgrandes.blogspot.com/2010/04/iii-concurso-lecturas-compartidas.html

sábado, 24 de abril de 2010

22 de Abril: Compromiso coa Terra

Unha celebración moi especial neste 'Día da Terra' ao compartir uns bons momentos recordando o noso compromiso co planeta.

Vídeo da actuación musical dos alumnos e alumnas de 3º de ESO





Álbum de imaxes da lectura dos poemas nas seis linguas que se poden aprender no instituto, lectura do manifesto de compromiso coa Terra para rematar cuns versos de Uxío Novoneyra sobre a nosa terra.




CONFERENCIA: 'As pegadas da ciencia en Galicia' , Xosé Antón Fraga, Director dos Museos da Coruña (Dirixido a 1º de bacharelato)


viernes, 16 de abril de 2010

22 de abril, Día da Terra

O 22 de abril

Día da Terra en

Ollando na Ciencia.


PROGRAMA DE ACTOS


Na hora do recreo no primeiro andar


1. Compartindo poemas sobre a Terra. Lectura de poemas sobre a Terra en todas as Linguas

2. Compartindo cancións sobre a Terra. Música interpretada polos alumnos e alumnas de 3º ESO

3. Presentación da actividade ' Construir sobre a (bio) diversidade: 'Ideas mil', dirixido a 2º de ESO. Bases do concurso


4. Deixando a nosa pegada no 'Día da Terra'. Le a 'CARTA DE COMPROMISO COA TERRA' no Día da Terra.
5. CHARLA - COLOQUIO dirixida ao alumnado de 1º de bacharelato sobre 'Pegadas da Ciencia en Galicia', a cargo de Xosé Antón Fraga, Director dos Museos Científicos da Coruña.

6. BIODIVERSIDADE NUNHA GOTA DE AUGA. Ollando a microscopio a vida tras unha gota de auga. Durante toda a mañá coa axuda do teu profesor.

AGARDÁMOSTE!!!