viernes, 14 de mayo de 2010

Premios Científicos 'Luis Freire'

Acabamos de recibir a noticia de que o equipo de 5 alumnas de 1º de ESO C que participaron no Concurso científico 'Luis Freire' da Casa das Ciencias de A Coruña, foi seleccionado para a fase final.
A investigación que desenvolveron este grupo de alumnas tentaba dar resposta a seguinte cuestión: 'E posible esbirrar cos ollos abertos?'

A investigación realizada tivo en conta diversas formas de recollidas de datos ademáis da procura de información previa que fixeron na rede para coñecer o tema.

O sábado día 12 de xuño defenderán oralmente o seu traballo ante o tribunal.
Desexámoslles moita sorte, aínda que a súa clasificación (xunto con coutros 5 equipos e outros centros) xa a consideramos un éxito.

1º Concurso cienctífico do IES Ollos Grandes: 'O CO2 e os seus colegas'















O martes 11 de maio entregáronse os premios do 1º Concurso científico: 'O CO2 e os seus colegas' convocado polos departamentos de Física e química e Bioloxía e xeoloxía do IES A Nosa Sra dos Ollos Grandes de Lugo.

O concurso dirixo ao alumnado de 1º de bacharelato buscaba fomentar o traballo en grupo e o uso das novas tecnoloxías para tratar temas de actualidade, como é o cambio climático, dende o ámbito interdisciplinar das ciencias.

Os traballos foron dunha gran calidade e foi difícil escoller os tres mellores. No salón de actos todos os participantes recibiron un diploma e posteriormente vimos os tres traballos gañadores.
Noraboa a todos os participantes e esperamos que o próximo curso a participación sexa igaual de importante.






domingo, 9 de mayo de 2010

Biodiversidade nunha gota de auga














Dende o 22 de abril 'O ricón da ciencia' acolle a actividade de 'Portas abertas do laboratorio de ciencias: Biodiversidade nunha gota de auga'.


Varias mostras de auga permitiron aproximar os 'microorganismos' ao alumnado. dende algas verdes ata protozoos e larvas de insectos.



Na primeira mosta abondaban os 'Rotíferos'. Poidemos ver como se alimentaban, como se creaban correntes de auga entorno á súa boca orixinadas polo movemento dos cilios.


Poidemos ver como os alumnos e alumnas interesados collían portaobxectos e cubreobxectos e facían as súas propias preperacións que logo observaban a microscopio.

Durante os próximos días novas mostras permitirán observar novos microorganismos.