viernes, 14 de mayo de 2010

Premios Científicos 'Luis Freire'

Acabamos de recibir a noticia de que o equipo de 5 alumnas de 1º de ESO C que participaron no Concurso científico 'Luis Freire' da Casa das Ciencias de A Coruña, foi seleccionado para a fase final.
A investigación que desenvolveron este grupo de alumnas tentaba dar resposta a seguinte cuestión: 'E posible esbirrar cos ollos abertos?'

A investigación realizada tivo en conta diversas formas de recollidas de datos ademáis da procura de información previa que fixeron na rede para coñecer o tema.

O sábado día 12 de xuño defenderán oralmente o seu traballo ante o tribunal.
Desexámoslles moita sorte, aínda que a súa clasificación (xunto con coutros 5 equipos e outros centros) xa a consideramos un éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario