sábado, 20 de noviembre de 2010

Cine e Biodiversidade en "Ollando na ciencia"


SEMANA DA
CIENCIA 2010

"Cine e biodiversidade"
Venres 18 de novembro de 2010

O venres 18 de novembro tivo lugar no salíon de actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes , a entrega de premios de "Cine e biodiversidade" organizado polo Departamento de Xenética da USC.

O centro acolleu a entrega de premios por ser os gañadores do ano anterior deste concurso adicado noano 2009 a Darwin e titulado "Darwin e o cinema". Foi, precisamente con esta nova coa que inaugurabamos a sección de "Ollando na Ciencia", hai xa un ano.

Os gañadores deste ano son alumnos do IES A Xunqueira de Pontevedra e seu traballo levaba por título: "Cara e cruz da biodiversidade".

O segundo premio foi para os alumnos do IES Sofía Casanova de Ferrol e o terceiro foi compartido polos alumnos e alumnas do IES Rosalía de Castro de Santiago e o IES Lucus Augusti de Lugo.


Noraboa a todos os gañadres e a todos os participantes. O esforzo e a capacidade de síntese necesarios para realizar estes traballos di moito da calidade dos mesmos.

Climatoloxía en "Ollando na ciencia"


SEMANA DA


CIENCIA 2010

Taller de climatoloxía
Xoves 17 de novembro de 2010




Durante a mañá do xoves 17 de novembro os alumnos e alumnas de 1º de ESO participaron nun taller sobre climatoloxía organizado por Meteogalicia. O taller foi magnífico.


En case unha hora e cuarto descubrimos directamente as variables que condicionan o clima, a dinámica dqas correntes mariñas e das masas de aires e viaxamos por borrascas e anticiclóns. Odinamismo con que se facían as experiencias e a boa resposta do alumnado, sempre respondendo as cuestións, fixeron que resultara un éxito.

sábado, 6 de noviembre de 2010

4 de novembro.A ciencia en Galego

Celebramos o día da ciencia en galego cunha exposición de cogumelos recolllidos na nosa saída do día anterior.




Moitos alumnos e alumnas pasan pola exposición donde se lles explica cada unha das grandes familias de setas , así como se poden observar as esporas a microscopio.



CURSO 2010- 2011

Comeza un novo curso escolar e dende "Ollando na ciencia" tamen queremos darvos a benvida.
Comezamos cunha exposición de frutos.

1.Exposición no espazo : Ollando ciencia: Os frutos

2. Frutos carnosos complexos: Polidrupas. As moras

3. Fruto con alas que se dispersa polo vento : Samara. Fruto do pradairo
4. Fruto típico das papilonáceas (xestas, toxos), a legume.

5.Fruto chamada noz, neste caso obsevamos a "noz", fruto da avelaira

6.Fruto chamado glande, a bellota do carballo