sábado, 20 de noviembre de 2010

Cine e Biodiversidade en "Ollando na ciencia"


SEMANA DA
CIENCIA 2010

"Cine e biodiversidade"
Venres 18 de novembro de 2010

O venres 18 de novembro tivo lugar no salíon de actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes , a entrega de premios de "Cine e biodiversidade" organizado polo Departamento de Xenética da USC.

O centro acolleu a entrega de premios por ser os gañadores do ano anterior deste concurso adicado noano 2009 a Darwin e titulado "Darwin e o cinema". Foi, precisamente con esta nova coa que inaugurabamos a sección de "Ollando na Ciencia", hai xa un ano.

Os gañadores deste ano son alumnos do IES A Xunqueira de Pontevedra e seu traballo levaba por título: "Cara e cruz da biodiversidade".

O segundo premio foi para os alumnos do IES Sofía Casanova de Ferrol e o terceiro foi compartido polos alumnos e alumnas do IES Rosalía de Castro de Santiago e o IES Lucus Augusti de Lugo.


Noraboa a todos os gañadres e a todos os participantes. O esforzo e a capacidade de síntese necesarios para realizar estes traballos di moito da calidade dos mesmos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario