sábado, 20 de noviembre de 2010

Climatoloxía en "Ollando na ciencia"


SEMANA DA


CIENCIA 2010

Taller de climatoloxía
Xoves 17 de novembro de 2010




Durante a mañá do xoves 17 de novembro os alumnos e alumnas de 1º de ESO participaron nun taller sobre climatoloxía organizado por Meteogalicia. O taller foi magnífico.


En case unha hora e cuarto descubrimos directamente as variables que condicionan o clima, a dinámica dqas correntes mariñas e das masas de aires e viaxamos por borrascas e anticiclóns. Odinamismo con que se facían as experiencias e a boa resposta do alumnado, sempre respondendo as cuestións, fixeron que resultara un éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario